martes, 29 de octubre de 2013

GRU: MI VILLANO FAVORITO



SINOPSE:

Nun barrio onde todas as casas son de cores moi vivos, con rosais de todos os cores e vallas ultrablancas, encóntrase unha casa negra, co céspede amarelo e as ventás sucias. Esta casa ten un segredo debaixo dela xa que ahí está o escondite de Gru, un villano que quere ser o número 1.



Este quere levar a cabo un plan maquiavélico coa axuda dos seus axudantes: os minions e un profesor chiflado. Pero encóntranse que hai un novo supervillano que consegue ser o número 1 roubando unha pirámide de Exipto: Vector.



Pero o plan de Gru é moito máis grande: roubar a Lúa!!! Para levar a cabo este plan encontrarase con moitas complicacións e a máis grande será que terá que axudarse de 3 huerfanitas que serán o seu maior desafío.



¿Conseguirá Gru roubar a Lúa e superar a Vector como supervillando número 1? ¿Ou fracasará e seguirá sendoo Vector? Mira a película e averiguao porque eu non cho vou dicir. Eso si, asegúroche que te reirás.





OPINIÓN PERSOAL:



Película moi boa de debuxos animados que vin cos meus primos e é perfecta para mantelos entretidos durante un bo rato xa que se rin moito con ela, cousa que tamen me pasou a min.



Pero o que menos me gustou da película esta son os momentos tristes desta xa que os nenos ata parecían tristes nestes momentos, pero pronto se lles pasaba xa que rápido viñan momentos graciosos.






A miña puntuación para esta película: 9

No hay comentarios:

Publicar un comentario