jueves, 17 de octubre de 2013

GRAN TORINO


Película do ano 2008, dirixida e protagonizada por Clint Eastwood na que unhas das curiosidades e que no reparto saen dous fillos seus xa que un dos seus fillos, Kyle fixo a banda sonora e outro, Scott fai un papel secundario.

A película comeza cando a Walt Kowalski (Clint Eastwood) lle more a súa muller sendo xa maiores e queda vivindo só ca súa cadela Dalsy, aínda que os fillos, para intentar ter a casa para eles canto antes suxírenlle que o mellor pode ser que se vaia para unha residencia de anciáns. Walt desoe as suxerencias destes xa que, como el ven sabe, os fillos só o queren pola súa herencia. Sobre todo o que máis queren é o seu maior gran tesouro e que coida coma ouro en pano: o seu “Gran Torino” do 1978, un clásico entre os clásicos.
Ó pouco de morrer a súa muller, o cura do pobo faille unha visita xa que lle prometeu á súa defunta muller coidalo. Él confésalle que non cree en Deus e que nunca leva sen confesarse moitos anos. Este intenta convencelo de que se coide e que vaia polo camiño da igrexa pero este non cede. Nesa conversación para convencelo ten lugar unha reflexión moi profunda do que é a vida e a morte.

Walt Kowalski vive nunha zona na que a maioría de persoas son estranxeiros, mioritariamente asiáticos (en concreto da etnia hmong, un pobo das zonas montañosas do sudeste de China) e de raza negra. A Walt nunca lle gustou a xente doutras razas e, sobre todo os asiáticos xa que combateu na Guerra de Corea como soldado e matou a varios.

Pero a súa vida cambia cando, unha noite o seu veciño Tao (ó que él sempre chama atontao), obrigado polo seu primo (ambos asiáticos) intenta roubarlle o seu coche, o seu “Gran Torino” do 1978. El sorpréndeo cas mans na masa e avisa ós seus pais e estes obrigan ó seu fillo a servirlle durante unha semana. Durante esa semana el intenta facer ó xoven hmong un home de proveito ensinándolle a traballar e incluso deixándolle ferramentas del, conseguíndolle un traballo, comprándolle ferramentas, etc.



Un día ve como uns xóvenes de raza negra intentan forzar á irmá de Tao e Walt deféndea, facendo un xesto ca man que dende esta película está moi presente no cine internacional. Esta xoven para agradecerllo, invita a a Walt a unha festa na súa casa na que hai moitos hmong. Este acepta, non sen pensalo antes, e nesta festa dáse de conta de que, aínda que son diferentes en algunhas cousas, esas cousas diferentes non teñen porque ser malas. Un exemplo desto é a comida que, aínda que lle parecera mala nun principio, en canto a probou encantoulle.

O primo de Tao está en contra de que se leven con Walt entón intentan que a familia se distancie deste ameazando e incluso pegando a Tao pero, un día chegan a moito mais. Despois de pegar a tao, Walt vai a por un xoven da pandilla do primo de Tao e pégalle e estes, como resposta, péganlle unha paliza á irma de Tao, viólana e dispáranlle por toda a casa a estes.

Tao ten ganas de vinganza pero Walt párao. Dille que si, que a haberá pero que hai que preparala ben. ¿ Que pasará? Mirade a película e verédelo :)


A miña puntuación para esta película: 9

No hay comentarios:

Publicar un comentario