martes, 29 de octubre de 2013

OBJETIVO: LA CASA BLANCA



SINOPSE:

Esta película comeza demostrando a boa relación que ten o guardaespaldas (Mike) co presidente, ca súa muller e co seu fillo.



Todo cambia un día que, cunha gran nevada o coche do presidente, co presidente e a súa muller dentro sufre un accidente. Mike só consigue salvar ó presidente pero a súa muller morre en dito accidente.



Despois desta traxedia, o presidente prefire non ver a Mike pola Casa Blanca xa que lle recorda demasiado á morte da súa muller, entón Mike deixa de ser guardaespaldas e pasa a traballar nunha oficina.



Pero todo cambia un día que, aproveitando unha recepción ó mandatario de Corea, uns rebeldes toman a Casablanca, tendo de rehéns ó presidente co seu equipo de goberno no seu búnker privado. Mike nada máis enterarse desto, intenta axudar na Casa Blanca ata tal punto que se queda el só na Casa Blanca con todos os malos.



¿Poderá Mike liberar ó presidentee ó seu equipo de goberno? ¿Qué buscan estes rebeldes con este asalto á Casa Blanca? 




OPINIÓN PERSOAL:

Esta película encantoume xa que durante todo o film tenche toda a atención nela e, aínda que dura case dúas horas, pasan voando por tanta acción, tanto suspense, tantos xiros inesperados no argumento.



O que cambiaría é que ás veces hai demasiada violencia en casos como ó de clavar o coitelo na cabeza e etc pero, xa que é unha película de acción, supoño que estará aceptado.





A miña puntuación para esta película: 9.5

No hay comentarios:

Publicar un comentario