Película do ano 2008, dirixida e protagonizada por Clint
Eastwood na que unhas das curiosidades e que no reparto saen dous fillos seus
xa que un dos seus fillos, Kyle fixo a banda sonora e outro, Scott fai un papel
secundario.
A película comeza cando a Walt Kowalski (Clint Eastwood) lle more a súa
muller sendo xa maiores e queda vivindo só ca súa cadela Dalsy, aínda que os
fillos, para intentar ter a casa para eles canto antes suxírenlle que o mellor
pode ser que se vaia para unha residencia de anciáns. Walt desoe as suxerencias
destes xa que, como el ven sabe, os fillos só o queren pola súa herencia. Sobre
todo o que máis queren é o seu maior gran tesouro e que coida coma ouro en
pano: o seu “Gran Torino” do 1978, un clásico entre os clásicos.
Ó pouco de morrer a súa muller, o cura do pobo faille unha visita xa que
lle prometeu á súa defunta muller coidalo. Él confésalle que non cree en Deus e
que nunca leva sen confesarse moitos anos. Este intenta convencelo de que se
coide e que vaia polo camiño da igrexa pero este non cede. Nesa conversación para
convencelo ten lugar unha reflexión moi profunda do que é a vida e a morte.
Walt Kowalski vive nunha zona na que a maioría de persoas son estranxeiros,
mioritariamente asiáticos (en concreto da etnia hmong, un pobo das zonas
montañosas do sudeste de China) e de raza negra. A Walt nunca lle gustou a
xente doutras razas e, sobre todo os asiáticos xa que combateu na Guerra de Corea
como soldado e matou a varios.
Pero a súa vida cambia cando, unha noite o seu veciño Tao (ó que él sempre
chama atontao), obrigado polo seu primo (ambos asiáticos) intenta roubarlle o
seu coche, o seu “Gran Torino” do 1978. El sorpréndeo cas mans na masa e avisa
ós seus pais e estes obrigan ó seu fillo a servirlle durante unha semana.
Durante esa semana el intenta facer ó xoven hmong un home de proveito ensinándolle
a traballar e incluso deixándolle ferramentas del, conseguíndolle un traballo,
comprándolle ferramentas, etc.
Un día ve como uns xóvenes de raza negra intentan forzar á irmá de Tao e
Walt deféndea, facendo un xesto ca man que dende esta película está moi
presente no cine internacional. Esta xoven para agradecerllo, invita a a Walt a
unha festa na súa casa na que hai moitos hmong. Este acepta, non sen pensalo
antes, e nesta festa dáse de conta de que, aínda que son diferentes en algunhas
cousas, esas cousas diferentes non teñen porque ser malas. Un exemplo desto é a
comida que, aínda que lle parecera mala nun principio, en canto a probou
encantoulle.
O primo de Tao está en contra de que se leven con Walt entón intentan que a
familia se distancie deste ameazando e incluso pegando a Tao pero, un día
chegan a moito mais. Despois de pegar a tao, Walt vai a por un xoven da
pandilla do primo de Tao e pégalle e estes, como resposta, péganlle unha paliza
á irma de Tao, viólana e dispáranlle por toda a casa a estes.
Tao ten ganas de vinganza pero Walt párao. Dille que si, que a haberá pero
que hai que preparala ben. ¿ Que pasará? Mirade a película e verédelo :)
A miña puntuación para esta película: 9


No hay comentarios:
Publicar un comentario