SINOPSE:
Esta película trata sobre unha familia que vaise vivir a unha casa nun lugar alonxado de casas. Esta familia está composta polo pai, enfermo de "Trastorno de Reginton" que fai que cando se pon nervioso, lle den brotes de violencia; a nai traballa de enfermera nun hospital, a filla que non lle gusta o seu novo hogar e quere volver ó outro; e o fillo, un neno pequeno duns 8 anos que o único que fai e pintar rapaces no seu caderno de debuxos.
Pero o que non saben e que esa casa é diferente. Pouco a pouco vanse dando conta de que esa casa non é normal, pasan cousas que non pasan noutras: portas que se pechan soas, camas que tragan lápices, luces que veñen e van...
¿Qué pasará con esta familia? ¿Sobrevivirán a esta casa na que, tal vez, nada sexa casual e todo esté calculado dende un principio? Só vos digo unha cousa... A OSCURIDADE ACECHA...
OPINIÓN PERSOAL:
Ambientada no xénero de terror, esta película é das mellores que vin dentro deste xénero, sobre todo polo seu inesperado final e polas innumerables situacións nas que che pon en total tensión xa que, gracias á música e ós ángulos das cámaras, xunto ca oscuridade normal deste tipo de películas fan que a tensión sexa total.
Pero eso si, o final aínda que é bo por inesperado, creo que lle falta algo xa que, según a miña opinión, debería explicarse algo máis do que pasou despois.
TRAILER:
A miña puntuación para esta película: 8.5
No hay comentarios:
Publicar un comentario