jueves, 21 de noviembre de 2013

TENIAS QUE SER TU



SINOPSE:

Anna Brady é unha das mellores decoradoras de Estados Unidos . Dedícase a decorar os pisos que están en venta para que os interesados neste piso vexan o piso "vestido"e da mellor forma posible. Anna leva xa 4 anos co seu mozo Jeremy, cardiólogo recoñecido en todo o mundo.

Anna vive obsesionada con casarse con Jeremy, pero non quere ser ela quen o diga, senon que ela pensa que sempre debe ter a iniciativa o home, neste caso Jeremy. Un gran día, unha amiga de Anna ve salir a Jeremy dunha xoiería e dillo a Anna, que pensa que como teñen unha cea especial esa noite vaille pedir, por fin, matrimonio.

Pero non sucede así, comproulle uns pendientes para celebrar que ten que ir a Dublín a dar unha gran charla tras ser considerado o mellor cardiólogo do mundo.

Entón ela despois de enterarse dunha tradición irlandesa que di que as mulleres pedían o matrimonio ós seus mozos os 29 de Febreiro decide ir tras Jeremy e propoñerlle ela matrimonio en irlanda o día 29 de febreiro, segundo dí a tradición.

Pero non todo sae como ela quería e tras retrasos de voos, anulacións, cambios bruscos de tempo e demais deixan a Anna tirana no outro lado de Irlanda onde coñece a un home malhumorado e despreocupado chamado Declan que, aínda que non o soporta é é o único que a pode levar a Dublín ou, como lle chama él "O país das traicións". Polo camiño sucederánlle múltiples aventuras levando a ámbolos dous a... ¿¿¿ Enamorarse???

¿Conseguirá Anna chegar a tempo a Dublín? ¿Ou enamorarase do malhumorado e despreocupado Declan? e sobre todo unha gran prgusta para vos, leentes: se a túa casa está en chamas e só podes coller unha cousa: ¿qué collerías? Pregunta importante nesta película ;)



OPINIÓN PERSOAL:

Película ambientada no xénero de comedia romántica no que ten comedia e romanticismo a partes iguais xa que, hai veces que che emociona moito e outras nas que non podes parar de rir.

¿Algo malo? Paréceme que ten unha introdución demasiado larga e despois hai momentos nos que se debería dar máis duración.




A miña puntuación para esta película é: 8´75

No hay comentarios:

Publicar un comentario