jueves, 21 de noviembre de 2013

GUERRA MUNDIAL Z




SINOPSE:



Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de zombies, tamen chamados mortos vivintes, só unha persoa pode deter a estes e non é outro que garry Lane, interpretado por Brad Pitt.



Garry Lane é un experto investigador das Nacións Unidas xa retirado ó que pidan que volva para axudar ó mundo pero Garry, ó decirllo á súa muller, esta dille que non o faga, que non a volva deixar soa cos fillos. Pero Garry ten que facelo xa que é a única forma de que o goberno de Estados Unidos protexa á súa familia dandolle un sitio no portavións, onde os zombies nunca chegarían.



Garry ten que recorrer o mundo enteiro buscando respostas sobre como parar a horrible epidemia que ameaza a toda a humanidade. Pasará por sitios como India, Rusia e Israel someténdose a moitos perigos e intentando salvar a vida de millóns de descoñecidos así como a da súa familia.



¿Conseguirá Garry encontrar unha solución para esta epidemia? ¿Ou polo contrario non só non a encontra senon que se volve tamén un morto vivinte? A única forma de sabelo é vendo a película.





OPINIÓN PERSOAL:



Película ambientada no cine de acción cun pouco de terror e ciencia ficción. dado que é de zombies, ou mortos vivintes según para quen, hai moitas deste tipo que dan como "asco" por como son os zombies pero esta non é desa clase de películas. Está moi ben feita xa que ademáis e entreterche, con está película incluso aprendes cousas. Ademáis vese xente de todo o mundo e non sempre americanos como case sempre nas películas. 



Moi boa película en xeral aínda que si pudera dicir unha cousa mala sería que se fora eu a directora alargaría un pouco o final para saber como quedou o mundo despois desta epidemía. pero ó mellor gardanse eso para unha segunda parte.







A miña puntuación para esta película é: 8´75

No hay comentarios:

Publicar un comentario