jueves, 21 de noviembre de 2013

TENIAS QUE SER TU



SINOPSE:

Anna Brady é unha das mellores decoradoras de Estados Unidos . Dedícase a decorar os pisos que están en venta para que os interesados neste piso vexan o piso "vestido"e da mellor forma posible. Anna leva xa 4 anos co seu mozo Jeremy, cardiólogo recoñecido en todo o mundo.

Anna vive obsesionada con casarse con Jeremy, pero non quere ser ela quen o diga, senon que ela pensa que sempre debe ter a iniciativa o home, neste caso Jeremy. Un gran día, unha amiga de Anna ve salir a Jeremy dunha xoiería e dillo a Anna, que pensa que como teñen unha cea especial esa noite vaille pedir, por fin, matrimonio.

Pero non sucede así, comproulle uns pendientes para celebrar que ten que ir a Dublín a dar unha gran charla tras ser considerado o mellor cardiólogo do mundo.

Entón ela despois de enterarse dunha tradición irlandesa que di que as mulleres pedían o matrimonio ós seus mozos os 29 de Febreiro decide ir tras Jeremy e propoñerlle ela matrimonio en irlanda o día 29 de febreiro, segundo dí a tradición.

Pero non todo sae como ela quería e tras retrasos de voos, anulacións, cambios bruscos de tempo e demais deixan a Anna tirana no outro lado de Irlanda onde coñece a un home malhumorado e despreocupado chamado Declan que, aínda que non o soporta é é o único que a pode levar a Dublín ou, como lle chama él "O país das traicións". Polo camiño sucederánlle múltiples aventuras levando a ámbolos dous a... ¿¿¿ Enamorarse???

¿Conseguirá Anna chegar a tempo a Dublín? ¿Ou enamorarase do malhumorado e despreocupado Declan? e sobre todo unha gran prgusta para vos, leentes: se a túa casa está en chamas e só podes coller unha cousa: ¿qué collerías? Pregunta importante nesta película ;)



OPINIÓN PERSOAL:

Película ambientada no xénero de comedia romántica no que ten comedia e romanticismo a partes iguais xa que, hai veces que che emociona moito e outras nas que non podes parar de rir.

¿Algo malo? Paréceme que ten unha introdución demasiado larga e despois hai momentos nos que se debería dar máis duración.




A miña puntuación para esta película é: 8´75

GUERRA MUNDIAL Z




SINOPSE:



Cando o mundo comeza a ser invadido por unha pandemia de zombies, tamen chamados mortos vivintes, só unha persoa pode deter a estes e non é outro que garry Lane, interpretado por Brad Pitt.



Garry Lane é un experto investigador das Nacións Unidas xa retirado ó que pidan que volva para axudar ó mundo pero Garry, ó decirllo á súa muller, esta dille que non o faga, que non a volva deixar soa cos fillos. Pero Garry ten que facelo xa que é a única forma de que o goberno de Estados Unidos protexa á súa familia dandolle un sitio no portavións, onde os zombies nunca chegarían.



Garry ten que recorrer o mundo enteiro buscando respostas sobre como parar a horrible epidemia que ameaza a toda a humanidade. Pasará por sitios como India, Rusia e Israel someténdose a moitos perigos e intentando salvar a vida de millóns de descoñecidos así como a da súa familia.



¿Conseguirá Garry encontrar unha solución para esta epidemia? ¿Ou polo contrario non só non a encontra senon que se volve tamén un morto vivinte? A única forma de sabelo é vendo a película.





OPINIÓN PERSOAL:



Película ambientada no cine de acción cun pouco de terror e ciencia ficción. dado que é de zombies, ou mortos vivintes según para quen, hai moitas deste tipo que dan como "asco" por como son os zombies pero esta non é desa clase de películas. Está moi ben feita xa que ademáis e entreterche, con está película incluso aprendes cousas. Ademáis vese xente de todo o mundo e non sempre americanos como case sempre nas películas. 



Moi boa película en xeral aínda que si pudera dicir unha cousa mala sería que se fora eu a directora alargaría un pouco o final para saber como quedou o mundo despois desta epidemía. pero ó mellor gardanse eso para unha segunda parte.







A miña puntuación para esta película é: 8´75

lunes, 18 de noviembre de 2013

AHORA ME VES



SINOPSE:

Un grupo de magos reunidos por unha misteriosa persoa e que se fan chamar "Os catro jinetes" acomete unha serie de atracos durante as súas funcións. Pero non son atracos normais xa que sempre van dirixidos hacia persoas corruptas ou negocios corruptos e os cartos roubados non son para eles senon para os espectadores.

Esta banda de magos son os mellores ilusionistas do mundo e o FBI non saben como facer para pillalos xa que sempre teñen un plan para que non os collan.

O FBI incluso contrata a un mago que se dedica a descubrir a maxia dos seus compañeiros xa que él pensa que os magos de ahora non valen e que él foi o mellor da historia.

¿Conseguirá o FBI coller ós catro jinetes ca axuda deste "descubridor"? ¿Qué grandes trucos fan para roubar a os corruptos? ¿Tan bos son estes ilusionistas? Descúbreo mirando a película e douvos un consello: canto máis cerca estedes do truco, menos veredes :)



OPINIÓN PERSOAL:

Película ambientada no xénero de thriller de maxia con roubos e atracos. Pareceume unha película moi boa e moi recomendable xa que os trucos que fan son alucinantes e o final é totalmente impredecible. Ademais nesta película pódese ver que nun equipo todos son igual de importantes xa que si falla un fallan todos.



A miña puntuación para esta película é: 9


jueves, 14 de noviembre de 2013

INSIDIOUS: CAPÍTULO 2




SINOPSE:



Josh y Renai Lambert múdanse cos seus fillos á casa na nai de Josh esperando olvidar o ocurrido na suúa anterior casa o antes posible para comezar canto antes unha nova vida.



Pero pronto se darán conta de que esto non é así, xa que cando eles pensaban que a que estaba encantada era a casa, parece ser que no, que é alguén da propia familia. Pouco a pouco vanse dando conta de que seguen pasando cousas raras nas súas vidas, pero só na casa.



Os fillos e Renai queren marchar posto que ven cousas raras pero Josh non está dacordo xa que di que non pasa nada, que o que pasa é que non olvidan o que pasaron e están obsesionado con que todo está encantado ahora.



¿Que pasará nesta nova entrega de Insidious? ¿Volverá a haber algún morto? ¿Serán imaxinacións dos fillos de Josh e de Raine ou pasará algo raro outra vez?






OPINIÓN PERSOAL:



Película de terror, continuación de "Insidious". Este capítulo gústoume máis que a primeira en canto ó medo que dá xa que hai veces que se crea tanta tensión e, de repente hai unha visión ou algo que che asusta que está mellor feito que na primeira. ademáis hai veces que ata podes pensar que eso pasou de verdad.



Pero eso si, como a primeira non haberá outra xa que esa é irrepetible xa que me encantou.



A miña puntuación para esta película é: 9.75

jueves, 31 de octubre de 2013

LA CRUDA REALIDAD



SINOPSE:

Abby é unha productora dunha televisión de Sacramento en California. Un gran día chega a casa moi cansada despois dun duro día de traballo e facendo zapping, encóntrase cun programa da televisión local chamado " La cruda realidad" presentado por Mike. meste programa fálase sen tapujos das relacións e Mike di que non cre no amor que o que che move a estar cunha muller é o aspecto físico.Abby ó ver este programa chama e entra en directo discutindo con Mike, acabando esta discusión en Mike burlándose de Abby.

Quen lle ía dicir a Abby que, xustamente o día seguinte se encontra con Mike no seu lugar de traballo xa que están a punto de despedir a Abby pola mala audiencia e Mike co seu programa conseguira moita e o xefe de Abby é o que quere: audiencia!

Abby segue pensando que Mike é repugnante e este, á súa vez pensa de Abby que é unha obsesionada co orden. Pero un día aparece o home dos seus soños e Mike consegue que Abby siga os seus consellos para conquistalo.

¿Conseguirá Abby conquistar a este chico seguindo os consellos de Mike ou irase todo ó traste por estos? ¿Mellorará a relación entre ambos?



OPINIÓN PERSOAL:

Comedia romántica que, ó contrario que "Perdona si te llamo amor" é unha película máis ben graciosa que romántica aínda que só e comparable a esa película no xénero xa que non teñen nada que ver. Si aquela me gustou polo bonta que era esta faino porque te ries moito e pásalo moi ben con ela.

Se unha cousa cambiaría desta sería algúns comentarios de Mike que son un pouco fuertes pero bueno, esa é a súa personalidad.


A miña puntuación para esta película é: 8.5

PERDONA SI TE LLAMO AMOR


SINOPSE:


Todo comeza nesta película cando a maravillosa relación que ten Álex se vai abaixo posto que a súa moza de toda a vida deixao. Él está obsesionado con ela e só pensa nela cando de repente, o destino fai que conoza a unha nova chica nun choque de carretera e pouco a pouco estes chicos, Álex e Niki vanse gustando cada vez máis ata o punto de que se enamoran en poucos días.



Pero hai un pequeno problema, él ten 40 anos e ela 17. Pero o amor parece non entender de idades asique en pouco tempo Niki consigue facer reir a Álex como nunca antes pero, cando pasan uns días, él ve que esa relación que tanto ben lle fai, pensa que non é sensata e volve á súa antiga vida.



¿Será máis forte o corazón ou a cabeza de Álex? ¿Qué pasará con esta fantástica parexa? Só vos vou dar unha pista... A súa antiga moza volve!




OPINIÓN PERSOAL:


Película ambientada no xénero comedia romántica e que min me pareceu máis bonita que graciosa, aínda que hai momentos de risa incontrolables.



Sei que moita xente dirá que esto é imposible na vida real pero, sinceramente, eu creo que esta historia pasa moitas veces só que hai pouca xente como Álex ou Niki, tan fuertes mentalmente.




A miña puntuación para esta película: 9.5

miércoles, 30 de octubre de 2013

ASALTO AL PODER



SINOPSE:


Jhon, policía do Capitolio despois de ser marine de EEUU quere formar parte do Servicio Segredode guardaespaldas do presidente e para eso ten unha entrevista na Casa Blanca ca directora deste Servicio. Aproveitando esta entrevista leva á súa filla ca que non ten unha demasiado boa relación a unha visita á Casa Blanca xa que ela é unha seguidora empedernida de todo o que teña que ver co presidente.



Jhon non consegue o posto no Servicio Segredo pero pola súa filla, fai a visita á casa Blanca. Pero nese momento un comando militar irrumpe na Casa Blanca e faise co presidente. Nese momento xusto a filla de Jhon estaba no baño entón este vai na súa busca aínda que os militares intentan impedilo. 



Na búsqueda da filla, atópase co presidente e salvao de quenes o tiñan apresado pero, encóntrase nunha situación na que non sabe onde está a súa filla, está co presidente e só está el para salvar a todos. ¿Conseguirá Jhon salvar ó presidente e á súa filla? ¿Qué queren os militares con este ataque á Casa Blanca?





OPINIÓN PERSOAL:


Película totalmente de acción e na que o persoaxe interpretado por Channing Tatum (Jhon) está espectacular. Entretida dende principio a fin, é moi recomendable xa que se pode ver tanto peleas corpo a corpo, armas incribles, vehículos menos creibles aínda e incluso unha relación pai-filla que pasa por moitos altibaixos.



Pero o malo desta película e que saiu case á vez con outra da que xa falamos neste blog: OBJETIVO: LA CASA BLANCA e se fas a comparación para o meu gusto está máis interesante e mellor feita a outra.





A miña puntuación para esta película: 9